Reunión de intercambio entre LIFE EcoTimerCell e LIFE CityAdapt3
Esta semana reunímonos co equipo técnico do proxecto LIFE CityAdapt3.
Esta semana reunímonos co equipo técnico do proxecto LIFE CityAdapt3.
Reunión de intercambio entre LIFE EcoTimberCell e os proxectos LIFE Herotile e LIFE SUPERHERO para explorar o posible uso das tellas HEROTILE nas maquetas demostrativas de LIFE EcoTimberCell.
Curso na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Donostia-San Sebastián para ensinar como se constrúe cos sistemas EcoTimberCell e o seu cálculo estrutural.
A spin-off da Universidade de Santiago TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial, impulsando a madeira local certificada a través da comercialización dos produtos estruturais EcoTimberCell (ETC).
Nos últimos días recibimos en PEMADE á empresa Simpson Strong Tie; ao representante da zona e ao xerente de exportacións que viña desde Francia.
O pasado mes de setembro, o Instituto de Tecnoloxía da Construción (ITeC), socio do proxecto EcoTimberCell, participou en REBUILD 2021. Este evento pretende impulsar a transformación do sector ao redor de tres eixos fundamentais: a industrialización, a sustentabilidade e a dixitalización.
Reunión de intercambio entre LIFE EcoTimberCell e LIFE CO2 PES& PEF para establecer redes entre ambas as iniciativas.
A viga alixeirada de madeira Ecotimbercell (viga ETC), desenvolta no proxecto LIFE EcoTimberCell, entre os dous finalistas á categoría de Investigación.
Reunímonos con Teresa Cervera, socia do proxecto LIFE Climark, para presentar ámbolos dous proxectos LIFE e establecer redes entre ambas iniciativas.
Durante o mes de xuño, o proxecto LIFE EcoTimberCell alcanzou dous fitos relevantes: o proxecto foi distinguido no Concurso de ecodiseño do Congreso Nacional de Medio Ambiente e fornecéronse produtos EcoTimberCell para unha primeira obra en Galicia.
Desde o proxecto LIFE ETC quixemos destacar o papel indiscutible que ten a madeira certificada na mitigación do cambio climático e a súa importancia na construción baixo enerxética. Neste sector, a madeira non só actúa como sumidoiro de carbono, senón que ademais reduce as emisións de CO2 consecuentes de empregar outros materiais.
LIFE EcoTimberCell foi seleccionado entre os 8 proxectos finalistas ao concurso de Ecodiseño do Congreso Nacional do Medio Ambiente, Conama 2020.
O taboleiro TABLEX fabricado pola empresa Betanzos HB é un taboleiro de fibras duro producido a partir de madeira procedente de plantacións sostibles e de proximidade, que emprega a propia lignina da madeira para a unión das fibras de madeira, evitando o uso de ligantes artificiais na súa fabricación.
O pasado mes de xaneiro, o equipo LIFE EcoTimberCell visitou a empresa RESAI, que ten sedes en Lugo e Valencia, e abarca desde a construción de edificios e naves industriais, á renovación e rehabilitación de vivendas, hoteis ou casas rurais.
En referencia ao proxecto LIFE EcoTimberCell e relacionado coa certificación e validación dos sistemas estruturais EcoTimberCell que xorden deste proxecto, o ITeC recentemente redactou e entregou o Plan de Avaliación dos sistemas EcoTimberCell.
A “Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural” é unha publicación que proporciona ao sector forestal e da construción con madeira coñecemento e ferramentas para desenvolver a caracterización da madeira estrutural. Pola súa fácil lectura e abundante material gráfico, pódese converter nun documento de consulta moi útil para as industrias de madeira de Galicia e a súa especialización.
Desde LIFE EcoTimberCell queremos poñer en valor o aumento dos servizos ecosistémicos proporcionados polos sistemas forestais produtivos cando aplicamos Xestión Forestal Sostible Certificada (GFS).
Hoxe recibimos a visita de seguimento da responsable EASME (Executive Agency for Small and Medium-sized Enterprises), Hana Mandelikova, e da monitora NEEMO do proxecto LIFE EcoTimberCell, María José da Torre.
No marco do proxecto LIFE EcoTimberCell levouse a cabo a caracterización do taboleiro hardboard (Tablex) de Betanzos HB, cuxa fabricación se caracteriza por non empregar adhesivos artificiais para enlazar as fibras de madeira. Son taboleiros de fibras de madeira de alta densidade de bosques locais, cento por cento ecolóxicos e sostibles. Dentro dos obxectivos do proxecto está a súa incorporación nos sistemas estruturais EcoTimbercell polo que a súa caracterización busca a adaptación das súas prestacións ao uso con calidades melloradas de resistencia mecánica, á humidade e de reacción ao lume.
O proxecto LIFE EcoTimberCell aplica a metodoloxía non destrutiva na determinación das propiedades mecánicas, establecendo correlacións entre os ensaios estáticos de laboratorio e ensaios de propagación de ondas sónicas. Queres saber como? Na “Guía de Suministro e Caracterización da Madeira Estrutural” podes consultar o procedemento seguido, os equipos empregados e as fórmulas de paso que che permitirán obter os resultados para a caracterización da madeira.
A clasificación visual axúdanos a analizar as singularidades presentes nunha peza de madeira e, en base aos criterios definidos nas normas de referencia, determinar se ese elemento é válido ou non para un fin estrutural. Para saber máis sobre como analizar as características anatómicas da madeira e a normativa que regula este proceso consulta a “Guía de Suministro e Caracterización da Madeira Estrutural”.
O próximo mes de outubro o proxecto LIFE EcoTimberCell ten a honra de participar como relatora na Webinar “Climate neutral food and wood”, organizada pola Dirección Generall de Acción Climática de la Comisión Europea (DG CLIMA) e a Agencia Ejecutiva para las pequeñas y medianas Empresas ( EASME), que reunirá para a ocasión a exitosos proxectos LIFE e Horizonte 2020 nas áreas da agricultura, alimentación, silvicultura e bioeconomía. Os catro sectores reciben apoio financeiro para a investigación de ambos os programas europeos e contribúen á loita contra o cambio climático e garanten o bo funcionamento das cadeas de valor de alimentación e madeira.