LIFE EcoTimberCell presente en Construmat 2024

O Instituto de Tecnoloxía da Construción de Cataluña (ITeC), na súa calidade de socio do proxecto LIFE EcoTimberCell, participou activamente na última edición de Construmat, a feira de construción celebrada en Barcelona.

Timbersoul cesa a súa actividade empresarial

A spin-off da Universidade de Santiago de Compostela “TimberSoul” cesou a súa actividade por cuestións operativas do Grupo Cándido Hermida SL. Desgraciadamente, a asina xurdida do proxecto LIFE non pode continuar coa súa andadura empresarial.

EcoTimberCell na Xornada de Innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3

A Canteira de Innovación e Materiais de Galicia non podía faltar ao gran evento RetosRIS3 que se celebrou en Marín.

No stand dos produtos innovadores, EcoTimberCell estivo presente entre a completa selección de novos materiais creados na contorna rural galega, que ademais representan solucións innovadoras e sostibles a retos de carácter global.

Xornada de clausura do proxecto LIFE EcoTimberCell

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga; a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero; o coordinador da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (Pemade), Manuel Guaita, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, clausuran o proxecto LIFE EcoTimberCell que impulsa a construción sustentable en madeira e con baixa pegada de carbono.

    Uso de cookies

    En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.