A Universidade de Santiago de Compostela presenta resultados do proxecto LIFE EcoTimberCell en Granada

Compartir con

 

Xornadas de LIFE Wood for Future sobre aproveitamento, transformación industrial e novos usos da madeira de Andalucía.

O coordinador do proxecto LIFE EcoTimberCell, Manuel Guaita, director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela do Campus Terra de Lugo, presentou resultados do proxecto LIFE EcoTimberCell nas xornadas organizadas pola Escola Técnica Superior de Enxeñería de Edificación da Universidade de Granada no marco do proxecto LIFE Wood for Future.

Estas xornadas buscaban dar resposta á  crecente demanda de solucións máis sostibles e que permitan industrializar todo o proceso da construción. A madeira, material con base biolóxica e extraordinarias propiedades mecánicas e de mecanizado por control numérico, considérase hoxe día como o máis apropiado para esta transformación no sector.

Segundo os organizadores deste evento, o crecente interese pola madeira como elemento construtivo ofrece unha enorme oportunidade para o sector forestal andaluz, tanto para especies maderables do monte mediterráneo (piñeiro) como para os cultivos selvícolas (chopo), e para a creación dun novo ecosistema de industrias de xestión forestal e de transformación.

Ademais da Universidade de Granada, as xornadas contaron coa participación activa das universidades de Huelva e Córdoba e o Instituto de Investigación e Formación Agraria e Pesqueira (Ifapa) da Junta de Andalucía baixo o paraugas do proxecto LIFE Wood for Future.

 

 

A Universidade de Santiago de Compostela presenta resultados do proxecto LIFE EcoTimberCell en Granada

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.