LIFE

O Programa de Medio Ambiente e Acción Climática (LIFE) é o instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente para o periodo 2014-2020. O seu obxectivo xeral é catalizar os cambios no desenvolvemento e implementación de políticas a través da contribución de solucions e mellores prácticas para acadar obxetivos ambientais e climáticos, así como a través da promoción de tecnoloxías innovadoras no ámbito do medioambiente e do cambio climático. Tamén debe apoiar a aplicación do Programa Xeral de Medio Ambiente da Unión ata 2020 “Vivir ben, respectando os límites do noso planeta”.

O Programa LIFE é xestionado pola Comisión Europea, sendo a Autoridade Nacional do Estado español o Ministerio de Transición Ecolóxica, a través da Subsecretaría. LIFE é un programa xestionado pola Axencia Executiva para las Pequenas e Medianas Empresas (EASME).

O Programa LIFE está dividido en dous subprogramas con tres áreas prioritarias cada un:

Subprograma Medio Ambiente

  • Medio Ambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos
  • Natureza e Biodiversidade
  • Gobernanza e Información Ambientais

Subprograma Acción por el Clima

  • Mitigación do Cambio Climático
  • Adaptación ao Cambio Climático
  • Gobernanza e Información Climáticas

Más sobre el Programa LIFE

O Proxecto LIFE EcoTimberCell (LIFE 17 CCM/ES/000074) está incluido no Suprograma de Acción para o Clima: Mitigación del Cambio Climático.

Os obxectivos específicos da área prioritaria Mitigación do Cambio Climático do Subprograma Acción polo Clima son:

Política e Solucions

Contribuir á implementación e ao desenvolvemento da política e da lexislación da Unión sobre a mitigación do cambio climático, incluida a súa integración en todos os ámibtos políticas, en particular a través do desenvolvemento, experimentación e demostración de enfoques de política ou xestión, mellores prácticas e solucions para mitigar el cambio climático.

Coñecemento e Aplicabilidade

Mellorar a base de coñecementos para o desenvolvemento , valoración, seguimento, avaliación e a implementación de accións e medidas efectivas de mitigación do cambio climático eficaces, e aumentar a capacidade de aplicar este coñecemento na práctica.

Enfoque Integrado

Facilitar o desenvolvemento e aplicación de enfoques integrados, por exemplo nas estratexias e plans de acción sobre mitigación do cambio climático a nivel local, rexional ou nacional.

Replicabilidade e Transferencia

Contribuir ao desnvolvemento e demostración de tecnoloxías innovadoras de mitigación do cambio climático. Métodos e instrumentos que son axeitados para a súa reprodución, transferencia ou incorporación en todos os sectores.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.