Dispoñible o vídeo dos prototipos demostrativos EcoTimberCell

Compartir con

Xa podes visionar o vídeo dos prototipos demostrativos EcoTimberCell deseñados no marco do proxecto LIFE.

Descobre os produtos estruturais ETC, elaborados a partir de madeira local procedente de xestión forestal sostible, que permiten reducir as emisións de CO2 derivadas da construción, almacenando carbono a longo prazo.

A través deste vídeo poderás coñecer desde a célula ETC, formada por madeira aserrada de pequeno tamaño e empalmada mediante unións finger e conectada mediante taboleiro hardboard totalmente ecolóxico, ata as vigas ETC e o sistema estrutural de forxado alixeirado tipo caixón ETC Box, realizado a partir do uso mínimo de materiais e dotado de elevadas capacidades estruturais.

Finalmente, móstranse os prototipos elaborados no proxecto a partir destes sistemas: unha librería, unha mesa de reunións e un forxado colocados na fábrica de Betanzos HB, e un forxado de entreplanta exposto no laboratorio de Pemade.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.