LIFE EcoTimberCell presente en Construmat 2024

O Instituto de Tecnoloxía da Construción de Cataluña (ITeC), na súa calidade de socio do proxecto LIFE EcoTimberCell, participou activamente na última edición de Construmat, a feira de construción celebrada en Barcelona.

Timbersoul cesa a súa actividade empresarial

A spin-off da Universidade de Santiago de Compostela “TimberSoul” cesou a súa actividade por cuestións operativas do Grupo Cándido Hermida SL. Desgraciadamente, a asina xurdida do proxecto LIFE non pode continuar coa súa andadura empresarial.

Xornada de clausura do proxecto LIFE EcoTimberCell

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga; a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero; o coordinador da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (Pemade), Manuel Guaita, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, clausuran o proxecto LIFE EcoTimberCell que impulsa a construción sustentable en madeira e con baixa pegada de carbono.

Avaliación Técnica Europea EcoTimberCell, un proxecto para a mitigación do cambio climático

O documento europeo que recolle a avaliación técnica das prestacións dun produto ou kit dun fabricante en relación coas características esenciais aplicables para o uso previsto, cando este non está cuberto ou non totalmente cuberto por unha especificación técnica harmonizada, denomínase ETE – Avaliación Técnica Europea. Elabórase a partir do Documento de Avaliación Europeo- DEE que cobre ao produto e usos propostos, e fai posible a Declaración de Prestacións e a marcado CE.

    Uso de cookies

    En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.