Os nosos deseños na exposición Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Compartir con

 

A exposición poderá visitarse ata o 16 de decembro na Fundación Didac e posteriormente noutras cidades de Galicia

Os nosos deseños na exposición Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Esta mañá estivemos na presentación da exposición "Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia" a través da que participa Betanzos HB, que mostrou materiais innovadores e sostibles que produce (Tablex, madeira densificada, bioadhesivo), así como os produtos EcoTimberCell. Materiais que ofrecen no mercado alternativas sostibles aos actuais materiais de deseño.

Esta exposición está organizada pola Axencia Galega de Innovación e á Fundación Didac e quedará aberta ao público na sede da Fundación Didac (rúa de Pérez Costanti, 12. Santiago de Compostela), onde poderá visitarse ata o 16 de decembro. Posteriormente, poderá visitarse en diferentes cidades galegas. Nela mostraranse deseños históricos, reflexións plásticas e visuais de deseño e sustentabilidade, materiais innovadores e exemplos de empresas que están a apostar pola innovación co deseño como motor.

Tamén se presentou a publicación ABC-Deseño. Dicionario do deseño e da innovación de Galicia, que, na mesma liña que a mostra, supón un compendio de casos de éxito que representan o mellor do talento dos profesionais do deseño galego, da experiencia das empresas que incorporan o deseño e dos recursos e materiais naturais e sostibles. Este dicionario, que estará dispoñible a partir de mañá na web da Axencia Galega de Innovación, nace con 140 referencias e irá crecendo progresivamente. Entre elas atópase TimberSoul by Cándido Hermida e os seus produtos innovadores e sostibles en madeira, así como Betanzos HB.

ACCESO Á PUBLICACIÓN: ABC-Deseño. Dicionario do deseño e da innovación de Galicia

Este proxecto expositivo e editorial enmárcase no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - Diferenza, dándolle continuidade ás iniciativas da Xunta para recoñecer e difundir as mellores prácticas de incorporación do deseño como ferramenta de innovación e competitividade. Nesta liña destacan tamén os Premios Galicia de Innovación e Deseño e as publicacións Galicia. O deseño como motor e O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia.

Os nosos deseños na exposición Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.