LIFE EcoTimberCell reúnese con RESAI para presentarlles o proxecto
O pasado mes de xaneiro, o equipo LIFE EcoTimberCell visitou a empresa RESAI, que ten sedes en Lugo e Valencia, e abarca desde a construción de edificios e naves industriais, á renovación e rehabilitación de vivendas, hoteis ou casas rurais.

Deuse unha explicación detallada do proxecto LIFE EcoTimberCell e dos sistemas estruturais que se están desenvolvendo, facendo fincapé na importancia do uso da madeira en construción para unha construción sostible e de mitigación do cambio climático. Na reunión, tamén se destacou a relevancia de empregar madeira local certificada para garantir a sustentabilidade do produto, á vez que se pon en valor o sector forestal, incentivando a xestión forestal sostible.
A empresa mostrou gran interese no proxecto e nas posibilidades que ten EcoTimberCell, tanto en nova edificación como o seu uso en rehabilitación, así como en participar en próximas xornadas que se organicen no marco do mesmo.