Visita de seguimento do proxecto LIFE EcoTimberCell
Hoxe recibimos a visita de seguimento da responsable EASME (Executive Agency for Small and Medium-sized Enterprises), Hana Mandelikova, e da monitora NEEMO do proxecto LIFE EcoTimberCell, María José da Torre.
Debido á situación actual, consecuencia do Covid-19, esta vez tratouse dunha videoconferencia.
Na reunión, presentamos os traballos realizados no marco do LIFE EcoTimberCell ata o momento, e establecéronse os próximos pasos a realizar para avanzar no proxecto en 2021, último ano de execución.