Caracterización do taboleiro de fibras de alta densidade de Betanzos HB no proxecto LIFE EcoTimberCell

Compartir con

No marco do proxecto LIFE EcoTimberCell levouse a cabo a caracterización do taboleiro hardboard (Tablex) de Betanzos HB, cuxa fabricación se caracteriza por non empregar adhesivos artificiais para enlazar as fibras de madeira. Son taboleiros de fibras de madeira de alta densidade de bosques locais, cento por cento ecolóxicos e sostibles. Dentro dos obxectivos do proxecto está a súa incorporación nos sistemas estruturais EcoTimbercell polo que a súa caracterización busca a adaptación das súas prestacións ao uso con calidades melloradas de resistencia mecánica, á humidade e de reacción ao lume.

Caracterización do taboleiro de fibras de alta densidade de Betanzos HB no proxecto LIFE EcoTimberCell

Para a determinación do comportamento do taboleiro que constituirá a alma das células estruturais EcoTimberCell, sométese ao taboleiro a un proceso de caracterización mediante métodos non destrutivos (técnica de propagación de onda) e destrutivos (ensaios mecánicos a tracción, …).

Os resultados permiten estudar as posibilidades de mellora tanto do taboleiro como da fabricación do mesmo, o que se traduce na mellora dos propios produtos EcoTimberCell grazas á optimización do uso da materia prima ou as súas características mecánicas e do comportamento do produto en situacións concretas.

O resumo do proceso de caracterización do taboleiro Tablex pódese ver no seguinte vídeo:

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.