Madeira certificada no proxecto LIFE EcoTimberCell, unha acción contra o cambio climático
Desde o proxecto LIFE ETC quixemos destacar o papel indiscutible que ten a madeira certificada na mitigación do cambio climático e a súa importancia na construción baixo enerxética. Neste sector, a madeira non só actúa como sumidoiro de carbono, senón que ademais reduce as emisións de CO2 consecuentes de empregar outros materiais.

A certificación da madeira permite garantir que os materiais e produtos que levan este indicador proceden de plantacións xestionadas de forma responsable, xa que toda a cadea de valor do produto forestal desde a plantación ata a venda pode ser verificada a través de certificados de xestión forestal ou de cadea de custodia.
No seguinte vídeo quixemos destacar como o proxecto LIFE ETC centra os seus obxectivos en xerar solucións no sector da construción en base á madeira local certificada e a súa importancia na mitigación do cambio climático: