TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial

Compartir con

A spin-off da Universidade de Santiago TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial, impulsando a madeira local certificada a través da comercialización dos produtos estruturais EcoTimberCell (ETC).

Coa creación desta empresa, o que supón un gran fito para o proxecto LIFE EcoTimberCell, vai contribuír á progresiva substitución de produtos derivados de industrias de uso intensivo de enerxía na construción, como o formigón ou o aceiro, por elementos e materiais sostibles de baixa pegada de carbono que contribúan á fixación de carbono a longo prazo, como o son os sistemas ETC elaborados con madeira local certificada, procedente de xestión forestal sostible.

TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial

TimberSoul, que ten como socios traballadores fundacionais a Andreina Mitsai Vargas Carrión, Begoña Jiménez Urquía e Martín Moreda García- Echave, e conserva unha estreita ligazón con Pemade a través da participación da investigadores María Portela e José Antonio Lorenzana, nace co obxectivo de ofrecer un servizo integral de asesoramento e comercialización de sistemas estruturais celulares ecolóxicos.

TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial

As prioridades de TimberSoul abarcan desde o posicionamento de produtos ETC como sinónimo de calidade e innovación, a promoción e concienciación sobre o uso da madeira como alternativa ecolóxica en construción, a proporción de ferramentas que faciliten o emprego de produtos ETC ata a promoción da transferencia da innovación no sector da construción en madeira. A spin- off traballará para conectar a profesionais da construción con industriais do sector especialistas na edificación con madeira, co obxectivo de alcanzar construcións sostibles que permitan mitigar os efectos do cambio climático.

A empresa xorde nun momento clave no que a construción en madeira atópase en crecemento exponencial e supón unha vantaxe para a edificación de consumo case nulo. A aposta competitiva dos produtos de madeira EcoTimberCell fundaméntase, desde un punto de vista estrutural, na prefabricación e na súa concepción alixeirada e como parte activa da envolvente térmica, baixo etiqueta eco, na redución de ligantes artificiais xunto coa revalorización das materias primas.

A pretensión dos promotores de TimberSoul by Cándido Hermida SL non é a de ser un simple comercializador de produtos, senón converterse nun axente activo no sector, defensor do medio ambiente e dunha construción máis sostible, grazas a un equipo técnico multidisciplinar con experiencia en edificación en madeira estrutural e implicado, desde a investigación, no desenvolvemento dos produtos EcoTimberCell.

TimberSoul by Cándido Hermida SL comezará en xaneiro a súa actividade empresarial

Unha vez formalizada a constitución da firma TimberSoul, esta nova iniciativa empresarial de innovación tecnolóxica fixará a súa sede no polígono de Narón, á beira do grupo Cándido Hermida, a fin de favorecer así as sinerxias entre as distintas divisións dun conglomerado empresarial especializado na creación de espazos e instalacións con madeira, metais e novos materiais.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.