A viga ETC entre os finalistas do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Compartir con

A viga alixeirada de madeira Ecotimbercell (viga ETC), desenvolta no proxecto LIFE EcoTimberCell, entre os dous finalistas á categoría de Investigación.

A Axencia Galega de Innovación celebra o vindeiro mércores 3 de novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, o evento final do primeiro Certame de Materiais Innovadores de Galicia, no que se darán a coñecer os seleccionados.

A viga ETC entre os finalistas do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Entre as 80 candidaturas presentadas resultaron preseleccionadas dous finalistas por cada unha das categorías das que consta o certame: Artesanía, Empresa, Investigación e Empresa & Investigación. A viga ETC foi seleccionada, xunto cun recubrimento condutor térmico e eléctrico, deseñado polo Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, na categoría de Investigación.

As vigas EcoTimberCell son sistemas estruturais celulares ecolóxicos de madeira e derivados da mesma que supoñen unha contribución á mitigación do cambio climático. A pegada de carbono deste produto de construción é negativa, o que supón unha clara vantaxe fronte a outros materiais habituais con alto custo enerxético, como o formigón e o metal.

A viga ETC entre os finalistas do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

O deseño e configuración da gama de EcoTimberCell integra vantaxes ambientais como o uso de madeira mínima, é dicir, minimizar o uso de madeira nos sistemas construtivos, redución de ligantes artificiais por utilizar un taboleiro de fibras de madeira no que estas se unen directamente coa propia lignina e pola redución de cantidade de adhesivo fronte a outros materiais de madeira tradicionais e outros.

A viga ETC entre os finalistas do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

O acto, que terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño, na sede da Materioteca de Galicia (Ferrol), poderá seguirse en streaming. Para iso, é necesario inscribirse na seguinte ligazón:  https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/71

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.