LIFE EcoTimberCell visita serradoiros para difundir a Guía de Subministración e Caracterización da Madeira Estrutural

Compartir con

A “Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural” é unha publicación que proporciona ao sector forestal e da construción con madeira coñecemento e ferramentas para desenvolver a caracterización da madeira estrutural. Pola súa fácil lectura e abundante material gráfico, pódese converter nun documento de consulta moi útil para as industrias de madeira de Galicia e a súa especialización.

LIFE EcoTimberCell visita serradoiros para difundir a Guía de Subministración e Caracterización da Madeira Estrutural

A crecente demanda de madeira para a construción esixe implicación de todo o sector para poñer en valor a madeira como materia prima de calidade. Galicia está entre as máximas potencias forestais europeas e o proxecto LIFE EcoTimberCell aposta pola madeira local certificada apoiando a xestión forestal sostible dos nosos bosques.

No mes de xaneiro realizáronse as primeiras visitas a serradoiros galegos para entregarlles exemplares da publicación. Compartiuse o documento con Madeiras Besteiro S.L., Madeiras Pedreira S.L. e Madeiras Irmáns García Rocha S.L. e a acollida foi excepcional, mostrándose gran interese pola información detallada sobre clasificación visual da madeira e o proceso de certificación de produtos estruturais ou por técnicas de clasificación menos coñecidas como son os métodos non destrutivos.

LIFE EcoTimberCell visita serradoiros para difundir a Guía de Subministración e Caracterización da Madeira Estrutural

Tamén se entregaron exemplares no Ciclo de Formación Profesional de Carpintería e moble de Lugo para achegar o coñecemento sobre a madeira estrutural a futuros profesionais que, durante a súa formación, colaboraron na fabricación da célula ETC+.

É indiscutible o protagonismo da madeira na construción do futuro e o bo aproveitamento deste recurso require coñecemento do mesmo. Confiamos en que a “Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural” colabore para iso.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.