LIFE EcoTimberCell participa na feira REBUILD 2021
O pasado mes de setembro, o Instituto de Tecnoloxía da Construción (ITeC), socio do proxecto EcoTimberCell, participou en REBUILD 2021. Este evento pretende impulsar a transformación do sector ao redor de tres eixos fundamentais: a industrialización, a sustentabilidade e a dixitalización.
No marco do foro sobre “Como cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Modelos novos de negocio xurdidos da Descarbonización” presentado por Licinio Alfaro, integrante de ITeC, expúxose unha caseta desde o que se presentou o proxecto EcoTimberCell aos participantes que se achegaron a coñecer esta iniciativa. Os visitantes puideron consultar materiais elaborados no proxecto como a Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural.
