En xuño EcoTimberCell foi premiado como produto ecodiseñado e realizouse a primeira subministración de produtos para unha obra en Galicia
Durante o mes de xuño, o proxecto LIFE EcoTimberCell alcanzou dous fitos relevantes: o proxecto foi distinguido no Concurso de ecodiseño do Congreso Nacional de Medio Ambiente e fornecéronse produtos EcoTimberCell para unha primeira obra en Galicia.
A recuperación que queremos foi o lema de CONAMA 2020, Congreso celebrado en xuño en Madrid, que evidencia a necesidade de reflexión e análise por parte de todos sobre a situación ambiental actual e as estratexias que han de guiar o desenvolvemento da súa recuperación. Debemos comprometernos por atopar o equilibrio entre o crecemento económico e o impacto social sen desatender o medio ambiente. LIFE EcoTimberCell propón un camiño para percorrer para a mitigación do cambio climático: un modelo de Bioeconomía circular en Galicia que incide tanto no sector forestal como no sector da construción.

LIFE EcoTimberCell participou no Concurso de ecodiseño como un dos oito finalistas, obtendo o recoñecemento do xurado pola proposta de produtos estruturais de madeira respectuosos co medio ambiente, que permiten a sustentabilidade dos ecosistemas, que fomentan un consumo responsable, que propician economías circulares e xeran empregos verdes.
E así o entendeu o equipo de MOL Arquitectura que apostou polos sistemas estruturais celulares EcoTimberCell para a súa intervención na adega Boas Vides; un proxecto, como eles indican, que aúna tecnoloxía e economía circular.
Os promotores, proxectistas e construtor foron partícipes do Control de Calidade desenvolto en PEMADE e nas próximas semanas procederase á posta en obra das células ETC de piñeiro de Galicia, sendo o primeiro demostrativo real do proxecto LIFE EcoTimberCell.
