Participación do proxecto LIFE EcoTimberCell na Webinar CLIMATE NEUTRAL FOOD AND WOOD

Compartir con

O próximo mes de outubro o proxecto LIFE EcoTimberCell ten a honra de participar como relatora na Webinar “Climate neutral food and wood”, organizada pola Dirección Generall de Acción Climática de la Comisión Europea (DG CLIMA) e a Agencia Ejecutiva para las pequeñas y medianas Empresas ( EASME), que reunirá para a ocasión a exitosos proxectos LIFE e Horizonte 2020 nas áreas da agricultura, alimentación, silvicultura e bioeconomía. Os catro sectores reciben apoio financeiro para a investigación de ambos os programas europeos e contribúen á loita contra o cambio climático e garanten o bo funcionamento das cadeas de valor de alimentación e madeira.

Participación do proxecto LIFE EcoTimberCell na Webinar CLIMATE NEUTRAL FOOD AND WOOD

Con vistas ás iniciativas da Unión Europea no marco do Pacto Verde Europeo, exponse, entre os días 6 e 9 de outubro, este encontro de importantes proxectos de investigación que permitirá, ademais de compartir a proposta, evolución e resultados dos mesmos, o debate sobre a temática de cada unha das xornadas: mitigación e adaptación ao cambio climático na agricultura e na silvicultura, sistemas alimentarios sostibles e potencial de mitigación dos produtos de madeira.

Durante a última xornada do evento, xornada dedicada ao sector da madeira, tomará voz o proxecto LIFE EcoTimberCell liderado pola Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela ( PEMADE) e que se inclúe dentro do Subprograma Acción polo Clima Mitigación do Cambio Climático co obxectivo da redución de emisións de gases de efecto invernadoiro a través de solucións innovadoras de sistemas construtivos de madeira.

Na seguinte ligazón é posible rexistrarse para un ou varios seminarios:

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Conference-Climate_Neutral_Food_and_Wood

Pode consultar o programa na seguinte ligazón:

https://ec.europa.eu/easme/en/climate-neutral-food-and-wood-showcasing-best-climate-practices-agriculture-forestry-food-systems 

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.