Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural
Desde o proxecto LIFE EcoTimberCell publicouse a “Guía de subministración e caracterización da madeira estrutural”, un documento de consulta sobre o proceso da caracterización da madeira estrutural que ademais promociona e apoia a madeira local galega procedente da xestión forestal sostible, madeira que será a empregada na fabricación dos sistemas estruturais EcoTimberCell.
A publicación describe e detalla o proceso de caracterización da madeira estrutural que leva a cabo mediante unha secuencia que comeza por unha clasificación visual á que lle seguen a realización de ensaios mecánicos destrutivos e finaliza coa aplicación de métodos non destrutivos. Unha metodoloxía baseada na correlación de datos que optimiza a subministración da madeira local para produtos estruturais de madeira.