Webinars: Caracterización da madeira estrutural - 26 de maio e 2 de xuño

Compartir con

A caracterización da madeira estrutural será a temática para tratar nos dous próximos webinarios organizados no marco do proxecto LIFE EcoTimberCell.

Webinars: Caracterización da madeira estrutural - 26 de maio e 2 de xuño

O próximo 26 de maio, terá lugar a primeira xornada, e continuaremos falando de caracterización da madeira o 2 de xuño. Ámbolos dous webinarios adquiren un carácter máis divulgativo que os anteriores.

Para abrir as xornadas comezaremos presentando a Guía de caracterización da madeira estrutural elaborada no proxecto LIFE. A primeira sesión centrarase na clasificación visual da madeira, e será impartida por Mónica Ruy, Martina Fernández e Helga Peral, integrantes da Unidade Mixta de Investigación, Economía circular da madeira para unha construción baixo-enerxética, na que participan a empresa madeireira FINSA e a Universidade de Santiago de Compostela a través de Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE).

Na segunda sesión contaremos coa participación de Raquel Gonçalves, da Universidade Estadual de Campinas UNICAMP de Brasil, que nos falará dos métodos de clasificación non destrutivos, e con María Portela, de PEMADE, que centrará o seu relatorio nos métodos destrutivos.

Do mesmo xeito que nas sesións anteriores, ao final das xornadas haberá tempo para cuestións e debate.

Para participar nas xornadas en liña é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.gle/m3ppi5g26aFg8Z9J6

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.