LIFE EcoTimberCell publica o catálogo e fichas técnicas sobre o taboleiro que integrará os sistemas modulares arquitectónicos ecolócicos EcoTimberCell

Compartir con

Entre as accións do proxecto LIFE EcotimberCell concluíron recentemente os traballos de estudo e mellora do taboleiro hardboard de fibras de restos de curta (TABLEX), elemento integrante e fundamental nos sistemas construtivos desenvolvidos no proxecto, que destaca como produto 100% biodegradable no que a propia lignina da madeira funciona como adhesivo natural para a unión das fibras de madeira, evitando o uso de ligantes artificiais típicos noutros taboleiros de madeira. 

LIFE EcoTimberCell publica o catálogo e fichas técnicas sobre o taboleiro que integrará os sistemas modulares arquitectónicos ecolócicos EcoTimberCell

O coñecemento en detalle das propiedades do taboleiro é unha actividade fundamental para o correcto desenvolvemento da célula EcoTimberCell e EcoTimberCell+, así como do resto de produtos derivados da mesma que desembocarán nas ETC Home, vivendas modulares que fomenten a demanda de madeira local procedente de xestión forestal sostible. 

Os socios integrantes deste proxecto, a Universidade de Santiago de Compostela, a empresa Betanzos HB, o centro de investigación CETEMAS, o instituto ITEC e a empresa 3edata traballan no desenvolvemento das accións que conduzan á obtención dun taboleiro de fibras adaptado aos sistemas estruturais EcoTimberCell con calidades melloradas de resistencia mecánica, á humidade e reacción ao lume. 

Para o coñecemento do taboleiro en profundidade é necesario realizar unha completa campaña de caracterización que inclúe ensaios para a determinación das propiedades físicas e mecánicas. 

LIFE EcoTimberCell publica o catálogo e fichas técnicas sobre o taboleiro que integrará os sistemas modulares arquitectónicos ecolócicos EcoTimberCell

No Catálogo sobre o Taboleiro HB preséntase un resumo dos traballos de caracterización realizados sobre o taboleiro Tablex, así como os principais resultados obtidos, abarcando as seguintes propiedades: 

Conductividade térmica, 

Humidade, 

Densidade, 

Permeabilidade ao vapor de auga, 

Características mecánicas (resistencia e rixidez a flexión, tracción, cortante e compresión). 

Os resultados reflectidos neste informe son froito do traballo realizado no ámbito do proxecto LIFE EcoTimberCell e a través deste catálogo póñense ao dispor do público en xeral para un maior coñecemento sobre o taboleiro TABLEX, a súa aplicabilidade en elementos estruturais para a construción e como se avanza cara aos sistemas modulares EcoTimberCell

Acceso ao Catálogo

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.