Participa no último webinario EcoTimberCell sobre madeira e mitigación do cambio climático
O vindeiro mércores, 27 de outubro, pechamos o segundo bloque de webinarios centrado na madeira e o seu papel na mitigación do cambio climático. Esta xornada será a terceira dedicada a esta temática.

Comezaremos coa intervención de Leonardo Chamas, do estudo Edifico Passivhaus, que virá falarnos de madeira e Passivhaus. A continuación, continuaremos charlando de bioconstrucción e madeira con Martín Moreda de ESPIGA Asociación galega para a bioconstrucción.
Na segunda parte da xornada coñeceremos os proxectos europeos ICEBERG Project: Circular Economy of Building Materials e H2020 Basajaun, da man de David García e Javier García, respectivamente, ambos de Tecnalia.
Ao final da xornada, como sempre, haberá tempo para o debate.
Inscríbeche ao webinario na seguinte ligazón: https://forms.gle/4vcN1RdcDvTVLEbp8
Manterémosvos informados das datas e programas do último bloque de webinarios, celebrados no marco do proxecto LIFE EcoTimberCell, que se centrará nas accións e produtos desenvolvidos no proxecto.