Ficha técnica do sistema ETC Box, incluída na publicación da Materioteca de Galicia

Ficha técnica do sistema estrutural ETC Box
Ficha técnica do sistema ETC Box, incluída na publicación da Materioteca de Galicia

ETC Box é un sistema estrutural celular ecolóxico para un modelo de construción para a mitigación do cambio climático e a posta en valor da xestión forestal sostible e do emprego de madeira local certificada.

Constitúe un elemento continuo estrutural alixeirado de madeira para forxados, cubertas e muros de altas prestacións, creándose envolventes dos edificios altamente eficientes que permiten rebaixar a súa demanda enerxética e, por tanto, o consumo durante toda a súa vida útil, contribuíndose, ademais, á xeración de menos residuos e promovéndose unha economía circular.

Trátase de produtos optimizados que evitan ou reducen substancias nocivas e almacenan carbono a longo prazo e a súa fabricación implica unha redución do custo enerxético.

A publicación completa da Materioteca de Galicia sobre o I Certame de Materiais pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.materioteca.gal/wp-content/uploads/2022/01/Publicacion-Certame-Materiais.pdf

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.