EcoTimberCell: Unha aposta pola mitigación do cambio climático
O proxecto LIFE EcoTimberCell (ETC) é un proxecto piloto para validar e aplicar os produtos estruturais ETC, e conseguir así reducir as emisións de CO2 derivadas da construción, aumentar a eficiencia enerxética das vivendas, incrementando ademais a demanda de madeira procedente da xestión forestal sostible.

LIFE EcoTimberCell contribúe principalmente á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro; pero tamén a incrementar a resiliencia climática. A contribución ao primeiro destes obxectivos conseguirase incidindo sobre o uso sostible de biomasa sólida, ao substituír materiais de construción tradicionais por células de madeira innovadoras máis eficientes.

A construción con sistemas ETC supoñerá un impacto transformador no ámbito da construción cara a un sector máis eficiente no uso dos recursos e cunha menor pegada de carbono. Cada un dos socios do proxecto desenvolve o seu labor e achega o seu coñecemento nun campo específico. Neste vídeo quixemos reflectir o traballo de cada un deles, e presentar os sistemas estruturais desenvoltos dentro do proxecto: