Dispoñibles as conclusións dos webinars: “O sector forestal de Galicia”

Compartir con

O pasado mes de maio comezamos coa organización dunha serie de webinars que abordan o sector forestal galego, a madeira e a súa contribución ao cambio climático, e o traballo que se está desenvolvendo desde LIFE EcoTimberCell.

Estas xornadas enmárcanse no grupo de traballo do proxecto. Tras unha pausa durante o período estival, retomaremos a súa celebración o próximo outono.

Dispoñibles as conclusións dos webinars: “O sector forestal de Galicia”

As primeiras xornadas centráronse en “O sector forestal de Galicia”. Da man de expertos, abordamos a situación da madeira nos montes galegos e da industria forestal en Galicia, e a certificación forestal FSC e PEFC.

Ademais, contamos coa participación dos proxectos LIFE Forest CO2 e LIFE Climark que compartiron cos asistentes os traballos que están a desenvolver para mitigar o cambio climático e poñer en valor os servizos ecosistémicos proporcionados pola xestión forestal sostible.

Como peche desta temática, expuxemos os resultados da avaliación dos servizos ecosistémicos dos sistemas forestais produtivos, realizada no marco do proxecto EcoTimberCell.

Dispoñibles as conclusións dos webinars: “O sector forestal de Galicia”

No apartado Recursos podes consultar o documento no que se recollen as conclusións das xornadas e as presentacións dos relatores.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.