Dispoñibles as conclusións dos webinars: "Madeira e mitigación do cambio climático"
Xa están dispoñibles as conclusións do segundo bloque dos webinarios organizados no marco do proxecto EcoTimberCell sobre “Madeira e mitigación do cambio climático”.

Durante este outono, dedicamos 3 xornadas a esta temática, nas que expertos en construción con madeira e eficiencia enerxética puxeron en valor este material natural, definíndoo como un elemento fundamental para o desenvolvemento dunha construción sostible que contribúa a mitigar o cambio climático.
Nos debates destes seminarios destacouse, unha vez máis, a importancia do apoio da administración e desde a lexislación para impulsar a construción sostible, e a necesidade dunha boa formación en todos os niveis, desde os enxeñeiros e arquitectos, ata os montadores de estruturas.
No apartado Recursos podes consultar o documento no que se recollen as conclusións das xornadas, enmarcadas no grupo de traballo ETC, e as presentacións dos relatores.