Boletín 4 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Compartir con

Publicamos o noso cuarto boletín do proxecto LIFE EcoTimberCell tanto en castelán, inglés, galego e catalán. Está dispoñible para descargar no apartado de Recursos da nosa páxina web.

Boletín 4 LIFE EcoTimberCell dispoñible

O cuarto boletín está dedicado ao desenvolvemento da “Célula EcoTimberCell”. Nel, preséntanse as características da célula. Trátase dun elemento estrutural lineal, tipo “viga caixón”, composto por cordóns de madeira e o taboleiro de fibras duro fabricado por Betanzos HB 100% natural, totalmente libre de adhesivos.

Boletín 4 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Debemos destacar que toda a madeira utilizada para a fabricación da célula procede de plantacións de proximidade con xestión forestal sostible.

No documento podedes consultar en detalle a análise elaborada sobre as propiedades do produto ensamblado nos seguintes apartados:

  • Encolado entre materiais
  • Cálculo numérico
  • Ensaios de validación
  • Simulación térmica
  • ETC +
Boletín 4 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Tamén inclúe as noticias relevantes acontecidas no segundo semestre de 2020.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.