Boletín 3 LIFE EcoTimberCell dispoñible
Publicamos o noso terceiro boletín do proxecto LIFE EcoTimberCell. Podedes consultalo en castelán, galego, catalán e inglés, no apartado de Recursos da nosa páxina web.

O terceiro boletín LIFE EcoTimberCell está dedicado ao Taboleiro Mellorado para Sistemas EcoTimber Cell (Tablex). Nel, preséntase este taboleiro de fibras de madeira, elaborado sen axentes artificiais de unión, a partir de restos de madeira procedentes de plantacións de proximidade e con xestión forestal sostible.
Ademais, este boletín incorpora os principais resultados obtidos dos traballos de caracterización do taboleiro, nos que se determinaron as súas propiedades físicas e mecánicas. E dedica un apartado aos “Métodos non destrutivos como ferramenta de avaliación”, indicando que se empregou o equipo USlab como método de ultrasóns na caracterización do taboleiro.
Tamén recompila as noticias asociadas ao proxecto.