Participa no curso de Construción e Cálculo organizado por LIFE EcoTimberCell

Compartir con

Curso na Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra, Lugo). Dirixido a técnicos prescritores e calculistas, para ensinar como se constrúe cos sistemas EcoTimberCell e o seu cálculo estrutural.

Participa no curso de Construción e Cálculo organizado por LIFE EcoTimberCell
CARTEL CURSO ETC

O próximo 20 de maio terá lugar este curso, dirixido a arquitectos, estudantes de arquitectura e demais técnicos intervenientes no proceso construtivo co obxectivo de difundir os sistemas EcoTimberCell entre os profesionais que poderán prescribilos nos seus proxectos, axudando así á súa implantación no mercado.

A Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela encargarase da presentación dos sistemas e de formar aos asistentes no cálculo do produto estrutural; e a spin- off Timbersoul by Cándido Hermida, constituída no marco do Proxecto LIFE EcoTimberCell, ensinará como construír con este tipo de sistemas e a súa comercialización.

É primordial que os arquitectos coñezan estes sistemas e como utilizalos nos seus proxectos, para o que é necesaria unha formación especializada tanto construtiva como de cálculo que achegue a confianza suficiente para a súa utilización.

Con este curso formarase a técnicos profesionais do sector, potenciais promotores dun cambio en sector da construción, ao apostar por sistemas prefabricados tecnolóxicos sostibles, realizados con madeira local proveniente de montes con xestión forestal sostible, contribuíndo así á mitigación e adaptación ao cambio climático, e a fixación de poboación no ámbito rural.

Se desexas participar no curso presencial, inscríbeche de forma gratuíta na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfq95dJB8NT1-T020hm_QG_lHne13LgvCaHlP9ecJtZj6KfIg/viewform?usp=pp_url

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.