O próximo 5 de maio terá lugar o I Webinario LIFE EcoTimberCell

Compartir con

O próximo 5 de maio terá lugar o primeiro webinario organizado no marco do proxecto LIFE EcoTimberCell. Trátase da primeira dunha serie de sesións que, da man do equipo técnico e coa colaboración de expertos, darán unha visión do sector forestal galego, da madeira e a súa contribución na mitigación do cambio climático e do traballo que se está desenvolvendo no marco do proxecto.

O próximo 5 de maio terá lugar o I  Webinario  LIFE  EcoTimberCell

Esta primeira xornada tratará sobre o Sector forestal de Galicia. Neste caso, os expertos centrarán as súas exposicións na Xestión Forestal Sostible. Esta temática continuará o próximo 12 de maio.

Para participar nas xornadas en liña é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.gle/qYBEe1aSrD9WFufc6

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.