LIFE EcoTimberCell visita o FP de Edificación impartido polo CIFP Politécnico de Lugo
O pasado 25 de marzo, o equipo EcoTimberCell presentou o proxecto aos alumnos do FP de Edificación do Politécnico de Lugo. Representantes da USC destacaron a importancia de mitigar o cambio climático, e de aplicar unha xestión forestal sostible e a cadea de custodia.

Na exposición falouse sobre o proceso de caracterización das materias primas e o deseño e desenvolvemento de produtos e sistemas EcoTimberCell.
O proxecto tivo unha gran acollida por parte do alumnado, que mostrou moito interese, participando activamente no debate, no que se lles aclararon múltiples preguntas.

Na visita repartíronse cadernos e lapis do material de difusión do proxecto.