Fálase moito de economía circular pero, que é exactamente?

Compartir con

Con este vídeo, elaborado no proxecto LIFE EcoTimberCell, pretendemos mostrar os beneficios que achega a economía circular ao medioambiente e á sociedade, e como contribúe a iso este proxecto.

Na economía circular os produtos son compartidos, reutilizados, reparados e reciclados nunha contorna local, alongando notablemente a súa vida, e sendo recirculados ao final desta no ciclo económico para ser usados tantas veces como sexa posible.

A madeira supón un material excepcional, renovable e capaz de substituír a outros captando CO2 a longo prazo. O seu emprego na construción permite reducir o alto impacto deste sector, diminuíndo a súa pegada e permitindo aos edificios actuar como sumidoiros de carbono, apoiando a sustentabilidade dun modelo respectuoso coa contorna.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.