O clúster de Eco-construción de Valonia e Bruxelas coñece o proxecto LIFE EcoTimberCell
O Clúster Belga de Eco-Construcción de Valonia e Bruxelas visitou a Betanzos HB dentro dunha iniciativa para coñecer o panorama actual do sector da madeira en Galicia facilitada a través do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

Nesta visita do 19/02/2019, o Clúster Belga de Eco-Construción de Valonia e Bruxelas puido coñecer as solucións construtivas resultado do proxecto de investigación industrial Board2Door e presentóuselles o proxecto LIFE EcoTimberCell, onde participa Betanzo HB no desenvolvemento de taboleiro para a fabricación de sistemas estruturais de construción celulares 100% de madeira.
Durante a visita establecéronse lazos para a cooperación co Clúster en avanzar no noso propósito de xerar valor a partir da madeira local e mitigación do cambio climático.