Dispoñibles as conclusións dos webinars: "Impulso da madeira en Galicia"
Xa están dispoñibles as conclusións dos webinarios sobre o “Impulso da madeira en Galicia” organizados polo proxecto EcoTimberCell.

Nesta ocasión, as xornadas organizáronse en 3 sesións, enmarcadas no grupo de traballo do proxecto EcoTimberCell, nas que contamos con numerosos expertos que puxeron en valor o uso da madeira local de xestión sostible en construción, e o potencial do sector forestal de Galicia.
Nos debates destacouse o gran momento no que nos atopamos para a construción en madeira, cada vez máis valorada e demandada pola sociedade. Os participantes subliñaron tamén o importante papel que a administración ten no impulso da construción con madeira, mediante a súa promoción e utilización en edificios e vivenda pública entre outros.

No apartado Recursos podes consultar o documento no que se recollen as conclusións das xornadas e as presentacións dos relatores.