Axúdanos a valorar os múltiples beneficios dos sistemas forestais. Participa na nosa enquisa

Compartir con

En LIFE EcoTimberCell, unha das nosas finalidades é reducir o consumo enerxético na construción a través do desenvolvemento de produtos construtivos de madeira local procedentes de xestión forestal sostible. Desta forma, impúlsase un cambio no modelo construtivo convencional de alta pegada de CO2, á vez que se fomenta un mellor uso da terra.
 

Axúdanos a valorar os múltiples beneficios dos sistemas forestais. Participa na nosa enquisa

Desde LIFE EcoTimberCell traballamos en promover os valiosos Servizos Ecosistémicos que nos achegan os bosques, a través da promoción da xestión forestal sostible, garantida polos dous principais selos de certificación forestal empregados en España: Forest Stewardship Council (FSC) e Programme for the endorsement of forest certification schemes (PEFC).

Os Servizos Ecosistémicos pódense definir como todos aqueles beneficios que a sociedade obtén dos ecosistemas; un concepto cada vez máis aplicado á conservación do medio ambiente, o benestar humano e a implicación das intervencións humanas no medio natural. Algúns dos ecoservicios máis relevantes proporcionados polos bosques son a súa función como reguladores do clima, pragas e enfermidades, sumidoiro de carbono, ciclo de nutrientes, e a provisión de madeira e conservación da biodiversidade, ademais de beneficios recreativos, culturais e espirituais.

Queremos poñer en valor os beneficios que nos proporcionan os sistemas forestais produtivos. Por iso, estamos a avaliar os Servizos Ecosistémicos que nos achegan. Con este obxectivo, deseñamos unha enquisa. Coñecer a percepción que teñen sobre estes servizos os actores implicados é clave para enriquecer o resultado final desta avaliación.

Se es propietario forestal, traballas na administración pública, sector forestal, estudos de arquitectura, centros tecnolóxicos de investigación, sector da construción ou axencias inmobiliarias, ou estás a pensar en adquirir unha vivenda sostible, e queres colaborar na mellora dos resultados obtidos preme no seguinte vínculo (https://forms.gle/U6YvuJuvS4K5ZYEu5).

 

Axúdanos a valorar os múltiples beneficios dos sistemas forestais. Participa na nosa enquisa

O equipo LIFE EcoTimberCell agradéceche enormemente a túa colaboración, a túa visión é moi importante para nós e cumprimentar esta enquisa só che ocupará uns minutos.

Os resultados obtidos integraranse na Avaliación dos Servizos Ecosistémicos, que publicaremos como parte das conclusións do proxecto na web LIFE EcoTimberCell.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.