A viga ETC presente na publicación do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Compartir con

O pasado mes de novembro, a viga alixeirada de madeira EcoTimberCell foi recoñecida como segundo finalista na categoría de Investigación do Certame de Materiais Innovadores de Galicia.

A Axencia Galega de Innovación celebrou o Certame de Materiais Innovadores de Galicia no que a viga ETC foi seleccionada entre os finalistas da primeira edición destes premios.

A viga ETC presente na publicación do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Begoña Jiménez, integrante da spin- off Timbersoul by Cándido Hermida SL, concedeu unha entrevista á axencia presentando este produto estrutural ecolóxico.

A Xunta de Galicia, editou un documento recompilatorio dos materiais finalistas no que se recollen as palabras de Begoña. A técnica de apoio á investigación de PEMADE, na Universidade de Santiago de Compostela, destaca o impacto transformador da viga ETC en busca dunha construción máis eficiente e sostible, e a súa contribución na posta en valor do sector forestal.

A viga ETC presente na publicación do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Xa podes consultar e descargarche esta publicación nos apartado recursos da páxina web.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.