LIFE EcoTimberCell participará en LIGNOMAD19
Congreso sobre construción con madeira e outros materiais lignocelulósicos
Este ano 2019 celébrase o Congreso LIGNOMAD en Galicia (Santiago de Compostela), os días 1, 2 e 3 de xullo. Trátase do Congreso sobre construción con madeira e outros materiais lignocelulósicos.

Este evento enmárcase dentro das actividades organizadas pola rede para o impulso da madeira e outros materiais lignocelulósicos no sector da construcción-LIGNOMAD, para dar a coñecer o traballo desenvolto polos seus membros e colaboradores, e á súa vez, servir de espazo de participación para todos os profesionais, técnicos, empresarios, fabricantes, estudantes e demais interesados no sector. A Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) forma parte desta rede.
LIFE EcoTImberCell non desaproveitará este congreso e terá presenza neste congreso no que esperamos poder mostrar o noso proxecto ao sector da construcción, aqueles interesados nunha solución innovadora para construír con madeira de forma responsable e con incidencia na acción fronte ao cambio climático.
Non vos perdades este evento.
