Life EcoTimberCell en Radio Voz

Compartir con

Rosa Arcas, Directora de Innovación de Betanzos HB, estivo en Radio Voz, no programa Voces de Galicia con Eva Villar, para falar do proxecto LIFE EcoTimberCell e a proposta de construción ecológica con madeira que propón.

 

Life EcoTimberCell en Radio Voz

Rosa detallou o novo catálogo publicado cos resultados da mellora do taboleiro Tablex, que emprega partículas de madeira, partículas unidas mediant  lignina, sen utilizar ligantes artificiais, o que fai deste taboleiro un produto 100% biodegradable e tan atractivo para a construción con madeira (aparte das ecelentes propiedades físicas). Resaltando ademais que este taboleiro emprega restos de curtas forestais, o que contribúe tamén á economía circular.

Esta é unha das ventaxas dos sistemas EcoTimberCell que empregan estes taboleiros no seu deseño, ademais de madeira local procedente de xestión forestal sostible.

Pódese acceder á entrevista a través da páxina de Radio Voz, no arquivo do Martes 21 de xullo de 2020 a partires do Minuto 64

http://www.radiovoz.com/archivo/54/vocesdegalicia1edicion/

Tamén se pode descargar aquí:

http://www.radiovoz.com/download/10/2020/07/21/54_vocesdegalicia1edicion_20200721.mp3

Life EcoTimberCell en Radio Voz

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.